17 Xul 2019 REUNIÓN ENTRE A ALCALDESA DO ROSAL, A CONCELLEIRA DE CURLTURA E MIGUEL ALVES PRESIDENTE CA CÁMARA MUNICIPAL DE CAMINHA
Hoxe tivo lugar en Caminha unha reunión entre Ánxela Fernández Callís, a alcaldesa do Concello do Rosal, Sara Vicente Salcidos, concelleira de Cultura e Medio Ambiente e Miguel Alves, presidente da Cámara.
O obxectivo desta reunión é comezar a tender pontes entre a Cámara e o Concello para conseguir traballar de xeito colaborativo no ámbito da programación lúdica, cultural e deportiva de ambos municipios.
Para nós é moi importante que o Río Miño deixe de ser unha barreira e se converta nun espazo transfronteirizo cheo de oportunidades, polo que é fundamental comezar a traballar conxuntamente entre ambas marxes do noso río propiciando un entorno que favoreza unha maior dinamización dos nosos pobos.
Nas próximas datas teremos o pracer de contar no Rosal coa visita do equipo de goberno e o presidente da Cámara de Caminha co que comezaremos a traballar conxuntamente.