ROMARÍA DE SAN MARTIÑO NO ROSAL

O vindeiro domingo 12 de novembro será a Romaría de San Martiño.
Ás 10.30 terá lugar a saída do santo dende a igrexa parroquial de Santa Mariña en procesión ata a ermida, onde ás 12.00 oficiarase unha misa solemne con sermón.
A romaría estará amenizada polo Grupo de Gaitas ALBARIÑOS DE O ROSAL que animará e propiciará un ambiente festivo durante todo o día.
A tradicional baixada terá lugar ao remate da xornada, pasando polos diferentes barrios como o do Picón, onde poderá apreciarse o recente mural que a Comunidade de Augas deste barrio realizou xunto co muralista DOCTORTOY, en honor a San Martiño.