30 Abr 2019 RUMBO AO EMPREGO
Posted at 12:00h
in Sen categoría
Hoxe deu comezo no Rosal o programa “Rumbo ao emprego”, un proxecto promovido polos Concellos de Oia e O Rosal dirixido a mellorar a inserción laboral de 20 persoas desempregadas.O proxecto comprende un curso de formación de 120 horas con prácticas en empresas de “Operario industrial polivalente”, orientación laboral e acompañamento individualizado para a busca de emprego. Realizaranse tamén catro “píldoras informativas” de dúas horas e media de duración cada unha, abertas ao público en xeral, relacionadas coa busca de emprego, subvencións, etc.
A formación será levada a cabo pola empresa Talentea RRHH e terá lugar no centros de formación ocupacional da Mata (O Rosal) e Pedornes (Oia).