SAN SILVESTRE DO ROSAL CELEBRARASE O DOMINGO 31 DE DECEMBRO

O Concello do Rosal comunica a todas as persoas que se inscribiron na SAN SILVESTRE O ROSAL 2017 -tanto para a carreira como para a andaina- que aínda que hai previsión de choiva, se manterá o día e hora de celebración da mesma (domingo 31 de decembro ás 11:00 h.)
Lémbrase que ás ditas 11:00 horas “realizarase a andaina e a continuación terá lugar a carreira non competitiva, estimando que nunha hora estará rematada a San Silvestre. A saída e meta estarán situadas na Praza do Calvario. A andaina terá 2.400 metros para os máis pequenos e a carreira non competitiva terá 5.142 metros“.
O Pavillón Municipal, ante a mencionada previsión de mal tempo, será o recinto cuberto onde estarán habilitadas duchas para os participantes e onde terán lugar os tradicionais sorteos de agasallos por parte dos comerciantes do Rosal