30 Nov 2018 SAN SILVESTRE O ROSAL 2018
O Concello do Rosal organiza a carreira popular San Silvestre “O Rosal”.
A proba celebrarase o 31 de Decembro de 2018; ás 11:00h realizarase a andaina e a carreira non competitiva estimando que nunha hora estará rematada a san silvestre. A saída e meta estarán situadas na Praza do Calvario.
A andaina terá 2.300 metros para os máis pequenos e a carreira non competitiva terá 4.000 metros discorrendo polas seguintes vías:
Percorrido de 2.300 Metros: Saída da Praza do Calvario pola rúa Simón del Mazo, Rúa dos Castros, Rúa Campo da Feira, Camiño de Gandarela, Estrada da Morraceira, Camiño Campo da Feira, Rúa Simón del Mazo e Praza do Calvario.
Percorrido de 4000 metros: Saída dende a Praza do Calvario pola rúa Simón del Mazo, Rúa dos Castros, Rúa Campo da Feira, Camiño de Gandarela, Camiño da Laxe, Camiño Tiarxo, Camiño Laxe do Campo, Camiño a Morraceira, Estrada da Morraceira, Estrada de Furnos, Camiño Pampaloas, Camiño Campo da Feira, Rúa Simón del Mazo e Praza do Calvario
- DOCUMENTOS RELACIONADOS