SEA CONTRATA O ESTUDO DE VIABILIDADE PARA RETOMAR O POLÍGONO EMPRESARIAL DA GUARDA-O ROSAL, PARALIZADO HAI UNHA DÉCADA

SEA CONTRATA O ESTUDO DE VIABILIDADE PARA RETOMAR O POLÍGONO EMPRESARIAL DA GUARDA-O ROSAL, PARALIZADO HAI UNHA DÉCADA

O estudo ten un prazo de tres meses e permitirá actualizar a documentación e a información pertinente para poder axilizar prazos no proxecto do polígono empresarial

A xerente da sociedade estatal “Suelo Empresarial del Atlántico” (SEA), Beatriz Sestayo, anunciou esta mañá, nun acto na Guarda, a contratación do Estudo de viabilidade técnica, xurídica e económica para retomar o polígono industrial compartido entre A Guarda e O Rosal.

“Dende SEA seguimos crendo que esta é unha zona extremadamente interesante para invertir, por iso o estudo está incluído nas prioridades para invertir neste mesmo exercicio e é dos poucos lugares nos que invertimos no encargo dos estudos. Comprometémonos unha vez e aquí estamos, para xerar máis oportunidades, solo empresarial e emprego en esta maravillosa zona”, remarcou.

Nunha rolda de prensa, na que estivo acompañada da alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, Beatriz Sestayo informou do encargo do informe, froito do compromiso adquirido da reunión “moi positiva” que mantivera no Concello co sector empresarial e na que se testou a demanda existente.

Anunciou ademais que xa está contratado o estudio técnico de viabilidade, xurídica e económica para retomar a construcción do polígono, na zona onde SEA ten terreo, en A Guarda e o Rosal. O estudo recollerá a necesidade de actualizar a normativa que está caducada, posto que o proxecto sectorial é do ano 2007, comprobando os informes que sexan preceptivos, así como procedendo a actualizar os custes e analizar a posibilidade de realizar o polígono por fases. O estudo ten un prazo máximo de 3 meses.

Un millón de euros investido

Suelo Empresarial del Atlántico xa dispón en propiedade de 45.000 metros cadrados na zona de desenvolvemento do polígono empresarial. Na adquisición de terreos, así como na realización dos diferentes proxectos, a entidade estatal, dependente do Ministerio de Transportes, Axenda Urbana e Movilidade a través de Sepes, xa ten invertido 980.000 euros, preto dun millón de euros, que agora prevese que se poñan en valor.

A superficie bruta estimada do polígono empresarial, á espera da actualización dos distintos proxectos, situaríase nos 260.000 metros cadrados de superficie.

Proxecto estratéxico

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, agradeceu a aposta de SEA por retomar un proxecto que permita asentar poboación na comarca. “Para nós é un proxecto que non é un paso máis, é un gran paso no desenvolvemento non só da Guarda e O Rosal senón de toda a comarca”, expresou, cun “proxecto estratéxico para o asentamento poboacional e por unha cuestión tamén de denominación de orixe”, salientou.

Así, lembrou que na zona hay un tecido empresarial moi vencellado ao seu territorio que quere “desenrolarse aquí, medrar aquí, en sectores como o vitivinícola ou o a pesca”.

“É unha aposta segura, é necesario para seguir progresando e medrando, e é unha garantía de futuro, para que os nosos emprendedores poidan desenvolverse. Quedo agradecerlle moito a SEA e a Beatriz Sestayo a súa aposta”, concluiu.

Pola súa banda, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, incidiu na importancia do desenvolvemento deste espazo empresarial, para poder atraer oportunidades e fixar empresas na comarca.