
08 Xuñ 2022 SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL: TÉCNICO/A MEDIO AGRÍCOLA OU FORESTAL
Selección de persoa laboral temporal: Técnico medio agrícola ou forestal ao abeiro da ORDE do 7 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural).
O prazo para presentación de solicitude é de 2 días: 8 e 9 de xuño de 2022.
Característica da praza:
- Xornada: Completa.
- Duración: 9 meses.
- Retribucións: 1.381,36.-€ brutos con pagas extraordinarias prorrateadas.
Requisitos dos aspirantes:
-
- Titulación esixida: Titulación universitaria de enxeñeiro técnico forestal ou agrícola.
- Nivel de coñecemento do idioma galego: CELGA 4 ou equivalente de acordo ao disposto na Base 7ª. No caso de non achegalo, procederase de acordo ao previsto na devandita Base 7ª.
- Requisitos específicos:
- Ser desempregado/a, inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e dispoñibles para o emprego. A cumprir tanto no momento da selección como no da formalización do contrato de traballo temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese social.
- Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a 9 meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2021 pola Consellería de Emprego e Igualdade no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.
Modelo de solicitude de participación