Senda dos Pescadores do Río Carballas (Tamuxe)

25 de abril
Distancia: 8 km.
Duración aproximada: 3 horas.
Desnivel acumulado: sen desnivel.
Percorrido: lineal.
Dificultade:
baixa–moderada.

Sendeiro balizado e totalmente chan que une a área de lecer das Aceñas, no curso baixo do
río Carballas, coa praia das Eiras, á beira do río Miño. Pasaremos pola área recreativa e muíño das Aceñas, área recreativa do Tamuxe (antigo serradoiro) e ponte sobre o río; parroquia de San Miguel de Tabagón (igrexa e área de descanso); e senda dos pescadores do río Miño até a praia das Eiras.

Formulario de inscrición lista de espera:

  • Acepto que conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais, infórmase de que os datos facilitados incorporaranse nun ficheiro automatizado baixo a responsabilidade do Concello do Rosal. Os datos non se cederán a terceiros agás nos casos nos que exista unha obriga legal ou fora necesario para o correcto desenvolvemento da actividade na que se inscribe. Así mesmo, solicítase a súa autorización para poder achegarlle información sobre cursos, xornadas e actividades futuras.