25 Xuñ 2019 SINATURA CONVENIO DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA
Posted at 07:29h
in Sen categoría
O Concello no día de onte asinou un convenio coa Deputación de Pontevedra para un proxecto europeo de aforro e eficiencia enerxética.
O proxecto permitirá substituír 7519 puntos de luz por luminarias LED nestes 43 concellos e que conta cun orzamento de 4 millóns de euros, dos que 3 millóns “achégaos a Unión Europea. É fundamental que sigamos formando parte dela, porque iso permítenos dispoñer de moitos recursos cos que pór en marcha proxectos de futuro”. A Deputación obtivo estes recursos a través dunha convocatoria do IDAE, o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía.