TEATRO: ATREZO TREATRO PRESENTA “CHICAGO KILLERS”

Atrezo Teatro presenta “CHICADO KILLERS” o vindeiro sábado 27 de maio ás 22.00h no Auditorio Municipal do Rosal.
Chicago Killers é unha adaptación do exito musical Chicago, que incorpora elementos de Ther orange is the New Black, Public Enemies e Pulp Fiction, entre outras.
Sempre en clave de humor, asistimos ao paso por prisión das célebres Amber Díaz e Emily Cooper, as encantadoras asasinas de Chicago que hoxe están aquí, brillando con luz propia, para tentar roubarnos o corazón.