TEATRO: “D.E.P. UNHA COMEDIA DE MORTE” – VENRES 17 ÁS 22.00H AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL

Este venres 17 de marzo ás 22.00h no Auditorio Municipal do Rosal a compañía de teatro Malasombra Producións presenta “D.E.P. Unha comedia de morte”, é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza.
Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: “que mamá morra axiña por favor!”.

Como din os expertos:
“Unha herdanza sen problemas non é herdanza, senón milagre”.
Ou como dicían as nosas avoas:
“A quen Deus non lle dá fillo, o demo dálle sobriños”

Isto é D.E.P. Unha comedia, claro


Auditorio Municipal do Rosal

Día: venres 17 de marzo
Horario: 22.00 horas
Entrada de balde