TEATRO: ELISA E MARCELA

O vindeiro xoves 22 de marzo ás 11.00h no Auditorio Municipal do Rosal espectáculo teatral coa obra “Elisa e Marcela

O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña. Para conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario. A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o estado mais tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da historia de Galicia. Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lésbicas.