TEATRO: ¿ESTÁS AHÍ?

Teatro: ¿Estás ahí?, sábado 16 de xuño ás 21.00h no Auditorio Municipal do Rosal

Comedia que narra os desencontros dunha parella que vive nun apartamento no que habita un personaxe invisible que os fará desesperarse. Comezarán a cuestionar o seu amor e a súa forma de relacionarse, onde ás veces as cousas non son o que parecen, e a forma de comunicarse pode construír barreiras ou destruílas.