Desfrutando do deporte inclusivo ao aire libre tamén na 15K Atlántico coa cadeira todo terreo do Rosal
Un dos participantes na carreira está adestrando xunto cun grupo de voluntarios e voluntarias coa Joëlette O Concello an...
06 Setembro, 2024No perfil de Wikiloc do Concello atoparás información detallada sobre varias rutas de sendeirismo coas que percorrer O Rosal. Ao ser un perfil ORG, as persoas usuarias poden seguir estas rutas empregando todas as funcionalidades da App de Wikiloc aínda que non teñan unha conta premium.
Todas as rutas contan cunha ficha técnica na que se indica a distancia, o tipo de percorrido, a dificultade, a duración aproximada e o punto de partida, así como unha descrición da senda e información sobre conexións con outras rutas ou puntos de interese próximos. Ademais, nestes puntos atoparás imaxes e unha descrición do interese paisaxístico, patrimonial… que atoparás ao longo do percorrido.
Nos itinerarios aparece indicado se son aptas para todos os públicos, para público familiar ou se poden facerse coa Joëlette, unha cadeira que o Concello pon a disposición de calquera persoa con mobilidade reducida para realizar unha ruta adaptada.
As zonas altas deste municipio do Baixo Miño contan cunha serie de puntos estratéxicos nos que poder gozar de boas panorámicas ao Val do Rosal, o tramo final do Pai dos ríos galegos e a veciña Portugal. Miradoiros naturais que, en moitos casos, son escenario de lendas e historias de tempos remotos…
Outra opción para contemplar a paisaxe do esteiro do Miño é percorrer a súa ribeira facendo a Senda dos Pescadores (PR-G 112), unha ruta homologada de sendeirismo de percorrido lineal que vai desde a praia das Eiras (río Miño) ata a zona das Aceñas (río Tamuxe).
Pero, se en vez de mirar cara ás zonas interiores dirixes a túa ollada cara á costa, poderás contemplar uns solpores únicos. Na Cruz da Portela terás un bo balcón ao Atlántico desde o que espiar ao sol mentres se baña no océano xusto antes da máxica hora do luscofusco.
Poñer calzado cómodo e botarse a andar para atopar relax, natureza e patrimonio é sempre unha boa opción no Rosal. Na ruta de sendeirismo dos Muíños do Folón e do Picón conflúen harmoniosamente a paisaxe, o bosque e un importante conxunto etnográfico composto por 67 muíños hidráulicos dos séculos XVII e XVIII.
Pola súa banda, no Sendeiro de Pescadores e nas áreas recreativas que ofrece ao longo do seu percorrido descubrirás interesantes exemplos de bosque de ribeira, especies protexidas de flora e fauna e algunhas mostras de arquitectura civil e industrial, como a Ponte do Tamuxe e as ruínas dun serradoiro próximo a ela.
Este concello baixomiñoto é tamén o berce dos cabaqueiros, tal e como lembra o monumento situado na céntrica Praza do Calvario. Toda unha homenaxe ao sacrificio e saber facer de todos os rosaleiros que traballaron neste duro oficio, hoxe en extinción, e ás familias que loitan por manter vivo o rico acervo cultural vinculado a este traballo.
Con cada paso na túa ruta polo Rosal descubrirás a pegada que a historia foi deixando na paisaxe: desde gravados prehistóricos e sepulcros escavados na rocha ata pequenas ermidas e grandes igrexas de interesante arquitectura.
O Rosal é a terra dos muíños, pero tamén está salpicado de outras mostras de patrimonio etnográfico, como os cruceiros e petos de ánimas, coñecidos na zona como almiñas. Presta atención nos cruces de camiños, pois raro será que non atopes algunha mostra desta interesante arquitectura popular.
Cruceiros e almiñas son froito do traballo de xeracións de canteiros que achegaron o seu esforzo e saber facer á construción destas estruturas, pensadas para protexer os camiños, pedir indulxencias ou lembrar algún feito relevante. Cada vez que atopes unha destas obras repara nas figuras e inscricións que aínda conservan…
Un refrescante baño no río, facer unha ruta de sendeirismo, pasear en bicicleta, andar en kaiak ou observar aves no esteiro do Miño son algunhas das experiencias que podes elixir durante a túa estancia nestas terras. A oferta de turismo activo no Rosal inclúe innumerables posibilidades, case tantas como a túa imaxinación permita.
E se, pola contra, estás buscando plans máis tranquilos para activar os teus sentidos, tamén poderás pasar unha relaxante tarde á sombra dun bosque autóctono, buscar un miradoiro no que sentir a brisa mariña, pasear por viñedos, degustar un albariño do Rosal ou descubrir algunhas das bondades da gastronomía baixomiñota.
Tras cruzar o Miño e entrar en terras galegas polo concello da Guarda, o Camiño Portugués da Costa continúa o seu percorrido cara a Compostela atravesando os 3 km do litoral rosaleiro.
Se elixes descubrir o Rosal como peregrino do Camiño de Santiago, estas terras agasallarante coa húmida brisa atlántica, o son do bater das ondas e cunha paisaxe de contrastes entre a beira do mar e os rochosos cumios da serra da Groba.
Sen dúbida, a túa experiencia será plena cando descubras a hospitalidade das xentes que viven ás beiras da ruta xacobea, nos núcleos tradicionais de Portecelo e San Xián.
Entra no territorio do Xeodestino e goza de tesouros inimaxinables, grandes aventuras e experiencias que non poderás esquecer.
Luns a venres
9:00-14:00
Concello do Rosal Praza do Calvario 1
36770 O Rosal
Pontevedra
+34 986 625 000
Fax: +34 986 626 034
Un dos participantes na carreira está adestrando xunto cun grupo de voluntarios e voluntarias coa Joëlette O Concello an...
06 Setembro, 2024Setembro será un mes de grandes compromisos coa presentación do inventario de recursos turísticos, a estrea da nova imax...
04 Setembro, 2024O equipo ‘Tanedo’, o máis rápido en rematar o xogo, gañou unha ruta en caiac ata San Simón, con experiencia intermareal,...
15 Xullo, 2024