Área recreativa das Aceñas

Este recinto de lecer á beira do río Tamuxe bríndanos espazos de descanso á sombra de frondosas árbores. A área recreativa das Aceñas dispón dunha área con mesas e bancos, unha zona  para baño e sendas para explorar cada recanto deste tranquilo lugar.

Nunha das marxes do río atópase o Muíño das Aceñas, una construción que data de finais do século XIX e que actualmente alberga unha aula da natureza, centro de interpretación de toda esta contorna natural.

Nese punto pódese iniciar o Sendeiro de Pescadores, que discorre pola beira do Tamuxe e do Miño ao longo de algo máis de 7 km. Trátase dunha ruta de sendeirismo homologada (PR-G 112) e de dificultade baixa, perfecta para facer en familia.

Seguindo esta senda, tras camiñar durante uns 10 ou 15 minutos, atoparemos outra área recreativa, a do parque do Tamuxe.

Localización

Como chegar?

Coordenadas

41.922730, -8.825639

Documento

Área recreativa das Aceñas

Galería