Miradoiro do Niño do Corvo

Vixía do Baixo Miño

A 307 metros de altitude, case no límite entre os concellos do Rosal e Tomiño, este miradoiro ofrécenos unha das máis amplas panorámicas da comarca do Baixo Miño. Especialmente destacan as vistas á desembocadura do Miño, onde o río entrega as súas augas ao océano Atlántico, ao Monte Trega na Guarda e a toda a beira portuguesa.

Un lugar imprescindible nunha visita ao Rosal e que tamén se presta á práctica do deporte ou do turismo activo de certa intensidade, facendo sendeirismo ou ben subindo ao monte en bicicleta.

No caso de acceder ao Niño do Corvo en vehículo, recoméndase facer o último tramo a pé.

Localización

Como chegar?

Coordenadas

41.948521, -8.811034

Documento

Miradoiro do Niño do Corvo

Galería