Praia das Eiras

A beira do río Miño ofrece varias zonas de areal aptas para o baño dentro do concello do Rosal. A principal é a praia das Eiras, situada nunha contorna natural onde destacan frondosas sobreiras e piñeiros. Neste punto poderemos acceder a dúas rutas de sendeirismo que transcorren paralelas á ribeira do río:

 

-Cara a Tabagón: PR-G 112 Sendeiro de Pescadores Miño-Tamuxe , de 7,5 km de lonxitude (ata o Muíño das Aceñas).

 

-Cara a Goián (no concello de Tomiño): a pequena senda do río Tollo, que conecta co municipio veciño.

 

Nas inmediacións da praia fluvial das Eiras tamén atoparemos varios establecementos de hostalería.

Localización

Como chegar?

Coordenadas

41.925013, -8.777389

Documento

Praia das Eiras

Galería