A Pesqueira é unha das zonas de baño que o río Tamuxe ofrece dentro do concello do Rosal. Un tranquilo espazo moi preto do centro da vila perfecto para gozar do lecer en familia e con sombra garantida no verán, grazas á masa arborada de bosque autóctono que abunda no lugar.
Ademais do seu valor paisaxístico e como zona de recreo, a contorna tamén alberga mostras de patrimonio etnográfico como diversos muíños hidráulicos.