UNHA UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE CHEGA AO ROSAL ESTE LUNS 6 DE NOVEMBRO

Estará situada na rúa Ramón Franco, 4, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas

Unha unidade móbil de doazón de sangue chega ao Rosal este luns 6 de novembroO Rosal comeza o mes de novembro cunha nova visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará no concello o vindeiro luns 6 á disposición de todas aquelas persoas que queiran deixar a súa pinga de solidariedade.

Como vén sendo habitual, o autobús estará situado na rúa Ramón Franco número 4, diante da sucursal de Abanca, e permanecerá aberto mañá e tarde de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Todas as persoas que desexen doar sangue poderán solicitar máis información chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.

Poderán doar as persoas con máis de 18 anos e máis de 50 kg e deberán ir despois de almorzar se acoden pola mañá ou dúas horas despois de xantar ao mediodía se acoden pola tarde. É importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento.

Ademais das 10 unidades móbiles que se desprazan cada día, a Axencia Galega mantén abertos sete puntos fixos nos principais hospitais galegos na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender as necesidades diarias de milleiros de doentes os 365 días do ano. Os hospitais galegos precisan ente 400 e 500 doazóns de sangue cada día, arredor de 10.000 ao mes, para garantir a asistencia a todas as persoas que o necesitan.