VII CONCERTO CORAL ECOS DO VERÁN

O pasado sábado o  Auditorio  Municipal  do Rosal acolleu o VII Concerto Coral Ecos  do Verán organizado pola Coral Ecos do  Folón, ó que asistiron a alcaldesa Ánxela Fernández Callís e a concelleira de cultura Sara Vicente Salcidos,  e no que participaron a Coral  Polifónica “San Lorenzo” de Belesar, Coral “Pedra Branca”  do  C.C.D. de Cesantes e Coral “Ecos do Folón” de Fornelos (O Rosal).
Parabéns a todas  as  Corais e  a Coral Ecos  do  Folón pola organización.