
14 Ago 2019 VISITA DO GOBERNO DA CÁMARA MUNICIPAL DE CAMINHA
Recibimos no Rosal a visita do equipo de goberno de Caminha encabezado polo Presidente da Cámara, Miguel Alves.
Na xuntanza puxemos en común as potencialidades e puntos fortes dos nosos concellos co obxectivo de buscar vías acaídas para comezar un camiño transfronteirizo de colaboracións e poder, pouco a pouco, vertebrar unha relación con vínculos sólidos entre ambas beiras do Río Miño.
Comezamos xa a falar de propostas reais nas que poder iniciar o noso camiño. Ambos gobernos amosamos ilusión e ganas de traballar para efectivizar unha colaboración transfronteiriza que poña en valor a riqueza nos distintos eidos que compartimos. Entre outras cuestións, falamos de cultura, deporte, gastronomía, turismo e patrimonio.
Ademáis, tivemos a oportunidade de coñecer as distintas áreas competenciais que a cámara e o concello comparten e acordamos colaborar, entre os equipos de goberno, coa finalidade de ter unha comunicación constante nas mesmas para poder xerar sinerxias positivas que nos permitan compartir información e tender pontes neste sentido.