![](https://orosal.gal/wp-content/uploads/2018/05/Fotos-visita-Perfecto-Guardera-O-Rosal-2.jpg)
14 Mai 2018 VISITA DO XERENTE DO CONSORCIO DE IGUALDADE E BENESTAR AO ROSAL
Posted at 09:28h
in Sen categoría
O pasado venres día 11 de maio visitou O Rosal, Perfecto Rodríguez Muiños, Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
O motivo da visita foi coñecer de primeira man as demandas do colectivo da Escola Infantil Galiña Azul do Rosal, xa que esta é unha das que máis solicitudes de matrícula ten. En concreto, para o vindeiro curso 2018/2019 quedaron en lista de espera 60 nenos e nenas aproximadamente, do Rosal e a comarca.
Á marxe desta cuestión, tamén se estableceron canles de comunicación para varias reparacións e melloras nas instalacións do centro.