17 Ago 2022 VOLVE O BALONMÁN DO MÁIS ALTO NIVEL COA CELEBRACIÓN DO XXIV TROFEO CONCELLO DO ROSAL
O venres 19 e o sábado 20 o Valinox Novás competirá polo título contra o BM Cangas, o Póvoa Andebol e o ADA Maia
Trala competición deportiva será a quenda da Xuntanza Street para celebrar o comezo da tempada 22|23
O Valinox Novás e o Concello do Rosal fan posible unha nova edición do Trofeo Balonmán Concello do Rosal, unha competición transfronteiriza que dende xa é un referente no calendario estival dos seguidores do equipo rosaleiro e do balonmán en xeral.
Nesta edición o Valinox Novás competirá o venres 19 e o sábado 20 de agosto contra o BM Cangas, un habitual neste campionato, e dous equipos da zona media alta da Superliga portuguesa: o Póvoa Andebol e o ADA Maia, que tamén buscan repetir as boas experiencias de anos anteriores.
As entradas xa están á venda, mediante a plataforma Cluber (bono adulto: 10€ / bono junior: 7€). As entradas para unha única xornada custan 6€ as de adultos e 4€ as infantís. Estes prezos son a partir dos 10 anos, sendo gratis para os menores desa idade que acudan acompañados dun adulto. Tamén se poden retirar físicamente en R2 Cociñas en horario de 11:30 a 13:00 e no Bar-alimentación Armán.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, convida á veciñanza “a gozar dunha competición que será non só a posta en escena do Acanor Valinox diante da súa afección, senón que é unha oportunidade única para desfrutar do balónman do máis alto nivel e dun ambiente espectacular no Rosal”.
E despois do XXIV Trofeo Concello do Rosal toca seguir celebrando a volta do balonmán ao Concello. O sábado, a partires das 21.30 horas na zona do Pavillón Municipal dará comezo a “Xuntanza Street”, unha festa na que xogadores, Directiva, staff técnico, socios, socias e toda a veciñanza brindará polo inicio da nova tempada 22|23. Coa entrada, que ten un custe de 5€, as persoas asistentes terán dereito a un bocadillo de porco ao espeto, e a música correrá a cargo do DJ Diego Wass.
Merca aquí as túas entradas: