01 Out 2018 XI LIMPEZA SIMULTANEA DE RÍOS DE GALICIA
Posted at 12:23h
in Sen categoría
Onte, domingo 30 de setembro, O Rosal participou na XI Limpeza simultanea de ríos en Galicia, dentro do proxecto Ríos. A asociación A Jalleira organizou a actividade no Rosal.
Un grupo de 11 persoas voluntarias limparon o último tramo do Río Folón en Fornelos, no transcurso que vai desde Ponte de carros ata a Pesqueira, na súa desembocadura no Río Carballas.
Recolléronse un total de 150 kilos de lixo, na súa maioría plásticos.
O Concello quere agradecer a esta asociación forestal e de educación ambiental por permitirnos desfrutar do noso río máis atractivo e saudable.