XXVI FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

Un ano máis a Feira do Viño do Rosal foi un éxito.
Milleiros de persoas compartiron unhas veladas nas que o tempo permitiu desfrutar ao aire libre das delicias do viño rosaleiro.
Tanto o Antonio Crespo, Director xeral de Desenvolvemento Rual que inaugurou a feira, como Sarah Jane Evans, recoñecida enóloga internacional, destacaron tanto o entorno, como a organización do evento. As adegas participantes un ano máis organizaron con éxito unha feira que xa traspasa fronteiras.
Queremos agradecer a boa acollida das persoas asistentes nesta edición, o clima de respeto e de lecer que estivo acompañado por boa música e gastronomía.