Área recreativa de San Miguel

A escasos metros da igrexa de San Miguel de Tabagón atópase esta área de lecer dotada con mesas, bancos e árbores frondosas que proporcionan boa sombra.
Este lugar sitúase a carón do Sendeiro de Pescadores Miño-Tamuxe PR-G 112, nunha contorna onde podemos atopar varias casas particulares con inscricións do século XVIII e, dentro da propia ruta, as instalacións do campo de fútbol da Canosa.
A igrexa parroquial de San Miguel de Tabagón queda levemente fóra do trazado da Senda dos Pescadores, pero paga a pena achegarse ata ela e contemplar a súa fachada e torre do século XVIII.

Localización

Como chegar?

Coordenadas

41.917515, -8.814482

Documento

Área recreativa de San Miguel

Galería