Revolucionando mentes

“Revolucionando Mentes” é unha campaña de sensibilización e igualdade que puxo en marcha o Concello do Rosal en marzo do 2020 co obxectivo de achegar á veciñanza unha nova conciencia social baseada no respecto por todas as persoas, independentemente do seu xénero.

O lema xorde da fusión dos termos “revolución”, “evolución” e “mente”

  • Revolucionando: porque consideramos que os cambios adoitan supoñer unha revolución, sexa cal for o ámbito da vida no que se apliquen.
  • Evolucionando: porque buscamos o avance para ter unha sociedade máis aberta e igualitaria na que as persoas teñan os mesmos dereitos e liberdades
  • Mentes: porque é o primeiro que debe abrirse para poder evolucionar.

“Revolucionando mentes” é esa sacudida que algunhas veces precisamos para que as nosas mentes evolucionen e avancen.

 A campaña plásmase en distintas actividades culturais e educativas así como intervencións artísticas, como os ‘Farrapos morados’ pintados polo alumnado de secundaria do CPI ou o mural ‘Revolucionando Mentes’, feito pola artista Tamara Baz no Campo Municipal da Mata.

Novas