A banda da Agrupación Musical do Rosal achega o seu gran de area a favor da Asociación de Fibrose Quística de Galicia

Ofrecerá un concerto solidario este sábado 16 de marzo ás 19.30 horas no auditorio municipal, con entrada gratuíta

A banda da Agrupación Musical do Rosal achega o seu gran de area a favor da Asociación de Fibrose Quística de GaliciaA banda da Agrupación Musical do Rosal achega o seu gran de area na que será a súa primeira actuación do ano cun concerto solidario a favor da Asociación de Fibrose Quística de Galicia. A actuación será este sábado 16 de marzo ás 19.30 horas no auditorio municipal do Rosal con entrada gratuíta.

Neste concerto no que música e solidaridade van da man, a banda interpretará baixo a batuta de Javier Alonso un programa preparado para a ocasión, completamente novo e fresco.

Durante o encontro realizaranse sorteos con produtos doados por empresas e establecementos do Rosal e tamén aceptaranse donativos do público asistente. Para todas aquelas persoas que non poidan acudir ao concerto, a asociación estableceu unha Fila 0 para poder realizar doazóns.

Participando, coa axuda de todas as persoas, estarase contribuíndo a mellorar a calidade de vida das persoas que padecen esta enfermidade.

Para concertar entrevistas co presidente da Asociación de Fibroses Quística de Galicia, Juan da Silva, pódense poñer en contacto no teléfono 678 69 11 69.