Entrega dos Premios Gran de Area 2020

A EXPLANADA DO HORIZONTE DO ROSAL RECIBE O PREMIO “GRAN DE AREA” DE APORTACIÓN Á ARQUITECTURA

O proxecto xa acadara recoñecemento internacional en 2020

 

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e a arquitecta María Fandiño recolleron o Premio “Gran de Area 2020-2021” pola obra Explanada do Horizonte, un proxecto de revalorización e mellora deste tramo do Camiño de Santiago ao seu paso polo Rosal.

Estas obras de acondicionamento de espazos públicos na comarca xa recibiran o premio internacional de arquitectura e natureza “Simonerra Bastelli”. E nesta ocasión, foi o Colexio de Arquitectos de Galicia quen quixo salientar o valor e a calidade desta execución.

O acto, que se celebrou no Auditorio Afundación de Vigo, estivo presidido pola decana do COAG, Elena Ampudia, as xuntas directivas das Delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense, ademais de representantes políticos e reuniu a un total de 200 persoas.

“Este premio é unha mostra máis de que imos polo bo camiño, e recoñece o esforzo e a calidade técnica que o Concello do Rosal está desenvolvendo na súa aposta integral de recoperación dos espazos públicos para as persoas. Estamos moi orgullosos e orgullosas de ter recibido este recoñecemento” sinala a Alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís.