A VECIÑANZA CONTA – ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO

Hoxe mesmo a Alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís mantivo unha reunión co presidente da Asociación Española contra o Cancro Baixo Miño, Carlos Rodriguez Vicente, e coa secretaria Pilar Barbosa Melo.
Esta asociación, cunha gran traxectoria no coidado e atención a persoas oncolóxicas, desenrola a súa actividade en todo o territorio nacional por medio das súas Xuntas provinciais. Neste caso concreto ten un ámbito comarcal, traballando coa poboación de todos os concellos do Baixo Miño.
A súa labor máis recoñecida é loita contra o cancro dende tódalas perspectivas coñecidas: prevención, axuda psicosocial integral a enfermos/as e familiares, información e sensibilización coa enfermidade, e coidados paliativos.
Como explicaron os membros da Asociación Baixo Miño, que teñen atención ao público no Centro Social Polivalente do Rosal todos os mércores de 10.00 a 12.00 h., a aecc ten a disposición de todos aqueles/as enfermos/a de cancro e as suas familias un servicio gratuito de orientación médica telefonica.
A intención deste equipo de goberno é favorecer o traballo das asociacións e colaborar no desenvolvemento de accións conxuntas. Para isto é fundamental por a vista nos próximos orzamentos para o ano 2020, no que se teñan en conta as súas demandas, así como as nosas posibilidades.