BIOEXTREME WORKSHOP

O BioExtreme workshop, celebrado no concello do Rosal este verán, segue dando que falar. Mostra delo é a recente publicación na revista científica “Ecosistemas”, a cal dedica un artigo a dita reunión.

Encadrado no emblemático entorno do muíño das Aceñas, un antigo muíño hidráulico recuperado como aula da natureza, o workshop reuniu a especialistas de diversos ámbitos e nacionalidades para debater dun tema que nos atinxe a todos: o cambio climático.

Está amplamente demostrado que un dos factores mais relevantes no aumento da concentración de gases de efecto invernadoiro na atmosfera é o uso xeneralizado de combustibles fósiles. Este incremento desencadea grandes cambios a nivel planetario, tanto a nivel climático como a efectos da biodiversidade.

Aínda que actualmente existen numerosas bases de datos e modelos climáticos que permiten estimar futuros escenarios do cambio climático, estas bases empregaron tradicionalmente variables como temperaturas medias e valores agregados de precipitación. Sen embargo, cada vez é máis patente que outras variables asociadas ó cambio climático, como son os eventos extremos de temperaturas e precipitacións, poden afectar notablemente ós ecosistemas e, polo tanto, as especies. Este punto concreto foi o eixo da reunión, que tivo como conclusión a selección dun conxunto de variables climáticas, baseadas na intensidade e duración dos eventos extremos, que serán moi útiles en futuros estudos de cambio climático.

Fotografía dos asistentes ó workshop, publicada en Ecosistemas 27(3): 144