Campo de fútbol da Mata

CHEGA UNHA NOVA EDICIÓN DO CAMPUS DE FÚTBOL ‘O ROSAL’

Dirixido a rapazada de 5 a 16 anos, o campus impartirase do 3 ao 28 de xullo organizado pola UD Ribera en colaboración co Concello do Rosal

O vindeiro mes de xullo o campo de fútbol da Mata acollerá unha nova edición do Campus de Fútbol ‘O Rosal’, unha actividade orgaizada pola UD Ribera en colaboración co Concello co que achegar axudar á rapazada que practica este deporte a mellorar e adestrar dun xeito ameno e divertido.

Dirixido a nenos e nenas dos 5 aos 16 anos, o campus celebrarase entre os dúas 3 e 28 de xullo en horario de 10.00 a 14.00 horas con opción de madrugadores con entrada ás 09.00 horas. A inscrición está aberta ata o vindeiro 12 de xuño.

No campus realizaranse adestramentos técnico-tácticos, traballo de coordinación, competición e mesmo contará cun apartado de adestramento específico para porteiros. Tamén haberá charlas formativas impartidas por deportistas de élite.

A alcaldesa en funcións do Rosal, Ánxela Fernández Callís, explica que “o obxetivo deste campus de fútbol, que chega á súa sexta edición, é que os nenos e nenas coñezan unha alternativa positiva de lecer e adopten hábitos de vida saudables ao tempo que comparten experiencias e se divirten”.

Máis info no teléfono 627 66 34 29.