DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO ROSAL

O Día das Letras Galegas e un día especial para todos e todas, no cal destacamos a importancia da literatura no noso idioma, estando este ano adicado a Antorio Fraguas Fraguas. Nesta data, ademais de enxalzar á figura do escritor, ímos amosar a nosa arte a través da música, coas diferentes actividades que organiza a nosa agrupación. Todos os actos terán lugar na Praza do Calvario, que, en caso de chuvia, estará cuberta cunha carpa.
O día 16 temos preparada unha verbena por todo o alto, coa participación do grupos local de pandereteiras “Tremelique” e coa actuación dos mellores cultivadores de festas populares, os “Festicultores“. Os concertos comezarán ás 21:30 horas e dende ás 21:00 horas poderase degustar Porco ó Espeto a prezos populares, contando tamén con cantina.
Xa o 17, Día das Letras Galegas, teremos diversas actuacións e actividades durante todo o día. Terán protagonismo os rapaces da nosa escola de música, mediante actuacións da Banda Infantil, Coro Infantil , Grupo de Clarinetes Kla-son, alumnado da escola de música, música tradicional con Orballo, e outros amigos como os grupos de gaitas Imos-lá e Airiños do Tamuxe, e as pandereteiras Tambaluca. Tamén nos acompañarán “Ecopercussión (obradoiro de percusión con materiais de refugallo)” que farán disfrutar os nenos e nenas demostrando o aprendido nun improvisado concerto de batucada.
Aparte da compoñente literaria e musical, nese día tamén se intenta fomentar a convivencia entre tódolos membros da Agrupación, grandes e pequenos….. Música, venda de libros, obradoiros, e postos de comida e postres caseiros a prezos populares, co fin de recadar fondos para as actividades que realizamos durante o ano na escola de música e no colectivo.Tamén temos confirmada a colaboración do Mercado Local, que estarán presentes participando cos seus postos de artesanía, plantas, costura, etc.
A Agrupación Musical do Rosal ven organizando esta actividade, en colaboración co Concello do Rosal, dende o ano 2006. En todas as edicións tivemos moi boa acollida por parte do público, asistindo ademais da poboación do Rosal visitantes doutros lugares do Baixo Miño e incluso doutras comarcas da provincia.
Se queres pasar unhas boas xornadas, acércate ata O Rosal a celebrar con nós as Letras!!