DÍA DAS PERSOAS USUARIAS DAS BIBLIOTECAS

A biblioteca do Rosal adica no día de hoxe, 11 de xaneiro  “Día do usuario das bibliotecas”,  un recoñecemento  moi especial aos  mellores lectores do pasado ano.
A biblioteca Municipal do Rosal premia coa entrega dun diploma ás persoas máis lectoras do ano 2018 que acudiron a este servizo durante o ano pasado.
Na categoría adultos, CARLOS TORREIRO SANTOS
Na categoría xuvenil,  SERGIO MACHADO FREITAS
E na categoría infantil a mellor lectora foi AINHOA GÓMEZ LOMBA, da que destacamos que no ano 2018 retirou 138 libros da nosa biblioteca.
A Concellería de Cultura do Concello do Rosal inclúe entre outras moitas actividades esta celebración como un instrumento para fomentar a lectura entre a nosa veciñanza, e en particular entre os/as usuarias da biblioteca.