
Andainas interpretativas: Couselo – Niño do Corvo
Roteiro circular con saída e chegada na aldea de Couselo. Subirase polo monte comunal e algúns viñedos ata o miradoiro do alto do Niño do Corvo (312 m), visita da Pedra Furada e cambio de val para baixar polo Val do Rosal, o formado polo río Carballas.
Datos técnicos
- Distancia: 8 kms.
- Duración aproximada: 3,5 horas.
- Desnivel acumulado: 350 m.
- Percorrido circular.
- Dificultade moderada.
As persoas interesadas en participar en calquera destas andainas deberán inscribirse previamente a través do formulario de inscrición que se habilitará uns días antes na web municipal. Haberá un límite de 30 prazas.
No Comments