Sesión dobre con Abraham Cupeiro no auditorio municipal do Rosal

Concerto de Abraham Cupeiro e banda da Agrupación Musical do Rosal

O vindeiro sábado 11 de maio o Auditorio Municipal do Rosal encherase da maxia e sons do mundo co espectáculo PANGEA, a cargo do talentoso multiinstrumentista Abraham Cupeiro e a banda da Agrupación Musical do Rosal. 

Sesión ás 20.00 e ás 22:00 horas do mesmo día, sempre que se alcance un número mínimo de asistentes. Para os interesados en formar parte desta segunda actuación, pódese contactar a través do número 609.866.792, preferiblemente por WhatsApp.

PANGEA é un espectáculo que te transportará polos cinco continentes, explorando a diversidade de culturas a través da música. Desde as “Caracolas” de Oceanía, o “Hulusi” da China, a “Gaita Búlgara”, etc. Cada nota resoará como unha viaxe a lugares remotos e emocionantes.

Date

Mai 11 2024
Expired!

Time

8:00 pm

Lugar

Auditorio Municipal
Categorías
No Comments

Post A Comment