EMPREGA O TEU COMPOSTEIRO INDIVIDUAL PARA MINIMIZAR AS SAÍDAS Á RÚA

Ante a alerta sanitaria na que nos atopamos un bo xeito de contribuír a minimizar as saídas á rúa é empregando os composteiros individuais ou as pilas de compostaxe. Lembra que neles podes botar:
? Todo tipo de residuos orgánicos.
? Papel branco incluso con restos de aceite.
? Restos de peixe e carne.

Xestionando a materia orgánica mediante a compostaxe reducimos ata nun 50% os nosos residuos e o resto de lixo pode permanecer no domicilio máis tempo ao non cheirar.
Lembra tamén que o composteiro comunitario segue operativo e que o podes seguir empregando con normalidade. Non esquezas lavar sempre as mans, igual que ao baixar o resto de lixo, e procura non interaccionar con outras persoas.