EU TOMO PARTIDO, E TI? 25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, o Concello do Rosal quere comprometerse dun xeito especial implicando a cada colectivo que ten representación na nosa sociedade.
Este ano 2017, a plantilla de traballadoras da Escola Infantil Galiña Azul do Rosal que traballa día a día coas novas xeracións de nenos e nenas máis pequechos do noso concello, son as protagonistas do proxecto contra a violencia de xénero, EU TOMO PARTIDO, E TI?.
Este colectivo ten unha dobre responsabilidade, por un lado na formación e transmisión de valores de igualdade desde as idades máis temperás, e por outra banda, no contacto e traballo coas familias, e en definitiva cos fogares de centos de nenos e nenas que pasaron e pasarán ao longo dos anos polas aulas da Escola Infantil do Rosal.
Este ano contamos coa colaboración desinteresada das profesoras da Escola Infantil Galiña Azul do Rosal:

  • Alicia Alonso Treinta
  • Raquel Iglesias González
  • Ana belén Díaz Rodríguez
  • Ovidia González Dorado
  • Olga Treinta González
  • Vanesa Sánchez Fernández
  • Rebeca Real Araujo
  • Mercedes Punzano Rodríguez
  • Noelia Parcero Rodríguez
  • Mercedes Torres Costa

Moitísimas grazas a todas por participar no proxecto e por servir de modelo ás novas xeracións de nenos e nenas do Rosal.