Música, danza e teatro con ‘Lara Hierro’ esta fin de semana no Rosal

MÚSICA, DANZA E TEATRO CON ‘LARA HIERRO’ ESTA FIN DE SEMANA NO ROSAL

A obra de Constance Hurlé chega o domingo 17 ás 19.30 horas ao auditorio municipal con entrada de balde

Música, danza e teatro con ‘Lara Hierro’ esta fin de semana no RosalEsta fin de semana O Rosal ten unha cita coa música, a danza e o teatro. Será o vindeiro domingo 17 de abril coa representación no auditorio municipal de ‘Lara Hierro’, un espectáculo multidisciplinar da compañía Constance Hurlé protagonizado por tres mulleres da xeración milenial que poñen voz, movemento e música á fráxil situación do sector cultural e á crise emocional, social e medioambiental da sociedade actual.

As tres figuras que compoñen a peza navegan entre o mundo cotiá e un plano de ensoño no que os seus corpos e discursos se atopan. ‘Lara Hierro’ é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustración, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente ás xeracións actuais, un espectáculo de carácter poliédrico onde as ferramentas empregadas para chegar ás espectadoras e espectadores son a danza, a palabra a música e a imaxe audiovisual.

A representación, dirixida a público adulto, será ás 19.30 horas no auditorio municipal con entrada de balde e libre ata completar aforo.