NOVA AULA MADRUGA DO CRA NA CASA ESCOLA DE MARZÁN

A Alcaldesa Mª Carmen Alonso Alonso visitou esta mañá a casa escola de Marzán para ver o funcionamento da aula madruga que comenzou hoxe 1 de abril a súa andadura nestas instalacións municipais.
Logo dun tempo de traballo e consenso entre o Centro Rural Agrupado e o Concello do Rosal, por fin está en marcha este proxecto que facilitará ás familias do Rosal poder conciliar familia e traballo.
O Concello, con recursos propios, habilitou as instalacións e aportará os alimentos do almorzo (leite, cacao, zumes, galletas e cereais).
O horario de funcionamento da aula madruga é de 8.00 da mañá a 8.50 h., xa que nese momento un autobús recolle aos nenos e nenas en Marzán para distribuilos a cada unha das súas unitarias.
Este proxecto terá continuidade no mes de setembro cando o comedor escolar esté listo para empezar a funcionar. Deste xeito o proxecto, promovido pola dirección do centro educativo coa colaboración do concello, terá os seus froitos logo dun tempo de traballo.
Esperamos que teña moito éxito e que elimine ás familias do Rosal as trabas que en ocasións supón conciliar vida familiar e laboral.