30 Mai 2017 O 29 MAIO TEATRO NO AUDITORIO MUNICIPAL PARA TODO O ALUMNADO DO ROSAL
Onte, luns 29 de maio tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal, unha obra de teatro moi especial, “A nena que quería navegar”.
Todo o alumnado de educación primaria e secundaria do Concello do Rosal acudiu a ver a obra, que se representou en dous pases. Ás 10.30 foi a representación para o alumnado de educación primaria, e ás 12.00 tocoulles o turno a educación secundaria.
Durante a hora que durou a obra, monicreques, teatro e representacións musicais de versións moi coñecidas, deleitaron á xente máis nova do Rosal.
Esta obra, interpretada e posta en escena por REDRUM TEATRO, fai referencia ao acoso escolar, pero sobre todo ao reforzo positivo, xa que é unha das claves para previr o acoso escolar. A compañía Redrum Teatro toma como referente a obra de Tim Burton na que retrata con grande lirismo a nenos e nenas diferentes, solitarios e vítimas de acoso. Melancolía pero tamén luz, cor, maxia e ilusión. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante no que se mesturan varias disciplinas artísticas como o teatro de monicreques, o teatro de obxectos, as proxeccións a música en directo e as coreografías.
Trátase un tema que nos preocupa a todos e todas, e que tristemente cada pouco acapara as portadas dos xornais, o acoso escolar, tamén coñecido co termo anglosaxón bulling, que o pasado día 2 de maio conmemorou o seu Día Internacional.
Trátase de que os nosos espectadoras saian fortalecidos despois de asistir á representación de A Nena que quería navegar, e teñan ferramentas para previr o acoso.