O CONCELLO DO ROSAL CONTRATA DOUS/DÚAS TITULADOS/AS PARA AS OFICINAS MUNICIPAIS Ó ABEIRO DO PROGRAMA PROVINCIAL “O TEU PRIMEIRO EMPREGO”

En días pasados a Deputación Provincial comunicou ó Concello do Rosal a concesión dunha subvención para a contratación en prácticas de dous/dúas titulados por un importe inicial de 11.700 €. Os contratos terán unha duración de seis meses coa posibilidade de prorrogalos por outros seis, suposto no que a Deputacion fará outra achega por igual contía. Así mesmo, o Concello achegará para complementar o salario e a seguridade social destes/as traballadores/as nos primeiros seis meses algo máis de 5.500 €
As titulacións para os postos son a de Grao en Arquitectura e o CS en Administración e Finanzas. Así mesmo, é necesario que non transcorresen máis de cinco anos, ou sete cando o contrato se celebre cunha persoa con discapacidade, dende a terminación dos estudos e que non estivesen contratados/as en prácticas con anterioridade por tempo superior a un ano pola mesma ou distinta persoa física ou xurídica.
A tal efecto, o Concello remitíu as ofertas á Oficina de Emprego de Tui, que nestes días está remitindo ós/ás candidatos/as, posto que os mesmos deberán estar contratados/as nas vindeiras datas.
O obxecto das contratacións é o fomento da empregabilidade dos titulados, dándolle a oportunidade de adquisición dunha práctica laboral que logo lles facilite a súa colocación no mercado de traballo.