O CONCELLO DO ROSAL ORGANIZA DIVERSAS ACTIVIDADES PARA OS CAMPAMENTOS DE VERÁN

Como cada ano, o Concello do Rosal organiza diferentes actividades para os case 100 nenas e nenos que participan nos campamentos de verán que se organizan no Rosal.
Estas actividades foron as seguintes:

CURSO DE 1º AUXILIOS PARA NENOS E NENAS
O xoves 4, martes 9 e onte 11 de xullo leváronse a cabo os cursos de primeiros auxilios cos nenos do UD Ribera, do Acanor Novás de balonmán e co campamento do concello.
Nestes cursos, impartidos por dous voluntarias tratáronse temas como actuar con rapidez mantendo a calma, a notificación aos servizos sanitarios, tranquilizar ao ferido, e posicionamento da persoa accidentada.
Os lugares elixidos para as demostracións foron, as inmediacións das Aceñas para o UD Ribera, o Pavillón Municipal no caso do Novás e a unitaria de Marzán para as nenas e nenos do campamentos de verán do concello.

III XORNADA DE INTEGRACIÓN COA ASOCIACIÓN VONTADE
O mércores 10 de xullo a Asociación Vontade levou a cabo a III Xornada de Integración. Nesta ocasión a asociación organizou unha xincana de obstáculos co obxectivo de ensinar as nenas e nenos de forma moi sinxela que as discapacidades existen e cómo convivir con elas e integralas.

OBRADOIRO DE IGUALDADE E CORRESPONSABILIDADE
O mércores 3 de xullo os nenos e nenas do Novás participaron nun obradoiro de Igualdade e corresponsabilidade onde trataron os temas das tarefas do fogar e visiulazaron o que supón a carga do traballo doméstico por parte das mulleres e que en ocasións non é compartido polo resto da unidade familiar.