O CONCELLO DO ROSAL RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE 47.673,35 EUROS PARA FINANCIAR GASTO CORRENTE CON CARGO AO PLAN CONCELLOS 2016 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra concede ao Concello do Rosal unha subvención de 47.673,35 euros ao abeiro do Plan Concellos 2016 para financiar partidas de gasto corrente. Os gastos subvencionados por este programa  correspóndense con iluminación exterior, electricidade dos centros de ensino, carburantes e melloras de estradas.
Ademais de gasto corrente, a Deputación de Pontevedra subvenciona tamén con cargo a este programa outros proxectos cun importe total de 331.667,70€: a adquisición dun tractor grúa para o servizo de obras municipal, a restauración de cubertas de edificios municipais, a impermeabilización do depósita de auga potable de A Buraca, a creación dun muro de contención na estrada do Morán e obras de mellora do pavimento no CPI Manuel Suárez Marquier.