O HUMOR E RETRANCA DOS NETOS REGRESA ESTE NADAL AO ROSAL

A actuación será este venres 30 de decembro ás 20.30 horas no auditorio municipal

O humor e a retranca volven este Nadal ao auditorio municipal da man dos Netos do Rosal. Ángel e Iker subiranse de novo ao escenario para entreter ao público co seu ‘Volume II’, un divertido espectáculo no que estes dous rosaleiros amosarán a súa valía como humoristas e co que sen dúbida colleitarán moitos éxitos.

Organizada polo Valinox Novás, a cita será este venres 30 de decembro ás 20.3o horas no auditorio municipal, con acceso ás instalacións a partir das 20.00 horas. O prezo da entrada será de 5 euros e poden xa comprarse na administración de lotería número 1 do Rosal, no bar cafetería Nenza Xida e no Pool Chaos.