OS CONCELLOS DA MANCOMUNIDADE SEGUEN RECLAMANDO UNHA CITA CO CONSELLEIRO DE SANIDADE

A comezos de xullo os alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño mantiveron unha reunión para falar da situación da sanidade pública na comarca, solicitando unha reunión co Conselleiro de Sanidade. Desde entón seguen esperando unha resposta.

O tema que protagonizou hoxe a reunión da Mancomunidade (Tui, Tomiño, A Guarda e O Rosal) foi a situación de precarización da sanidade pública, e a preocupación existente pola falta de medios materiais e persoais. Os alcaldes e alcaldesas  non entenden como a Consellería pode seguir sen responder á solicitude de reunión co Conselleiro de Sanidade.

A Mancomunidade do Baixo Miño reclama publicamente unha resposta inmediata á solicitude de cita co Conselleiro de Sanidade o Sr. Vázquez Almuiña. A sanidade pública é un dereito e debera ser unha prioridade por parte da Xunta de Galicia. Trátase da saúde e en definitiva da vida das persoas.

Desde a Mancomunidade consideran que é inconcibible que o Conselleiro non responda á solicitude de reunión dos representantes públicos da veciñanza do Baixo Miño.