PRESENTACIÓN PROXECTO DEPOAPICULTURA

Onte presentuse no concello o proxecto DEPOAPICULTURA: A apicultura sostible como fonte de emprego rural.
Unha aposta da Deputacion de Pontevedra e do concello pola formación no sector apícola, sobre todo, daquelas persoas con dificultades de acceso ao mercado laboral.
Segundo afirmou a concelleira de Formación e Emprego, Charo Tabales: “É unha boa e gran oportunidade para as persoas que desexen iniciarse nun sector en auxe. O programa basease en obradoiros prácticos e, de ser necesario, buscaríanse vias de ampliación. Apoiaranse todos os proxectos que saian deste curso con asesoramento nos trámites administrativos e de orientación profesional“.

O curso é totalmente gratuito e conta con 22 participantes. Rematará o vindiero 10 de setembro de 2019.