RUMBO AO EMPREGO ?♀️??????✈️

Os Concellos de O Rosal e Oia lanzan un proxecto conxunto de fomento do emprego. Neste proxecto inclúese FORMACIÓN, PRÁCTICAS EN EMPRESAS e ORIENTACIÓN, así como acompañamento individualizado para a búsqueda de emprego
Esta actividade está dirixida a un total de 20 persoas e divídise en varios bloques:
– Obradoiros de activación: cunha duración total de 15 horas
– Formación: actividade formativa de 60 horas de formación teórica e 60 horas de prácticas en empresas. Realizarase a actividade formativa que máis interese teña entre as persoas solicitantes, a elexir entre dúas: Operario/a industrial polivalente ou Caixeiro/a repoñedor/a
– Atención individual a cada unha/unha dos usuarios/as
Así mesmo, realizaranse catro “píldoras formativas” de dúas horas e media de duración cada unha, os venres do mes de maio, abertas ao público en xeral, relacionadas coa orientación, búsqueda de emprego, autoemprego, etc
O prazo de inscripción é ata o 17 de abril. Diríxite ao Concello para poder realizala!