VERBAS NA RUA “A IMPORTANCIA DAS PALABRAS”

O Concello do Rosal  movilizou a todas as persoas: xente nova, familias, anciás, alumnado e profesorado dos nosos centros educativos para elixir palabras con un significado especial: bonitas, agarimosas, ou que tivesen unha importancia que queiramos resaltar. O persoal operario do concello plasmou as palabras  seleccionadas nos pasos de peóns da nosa vila.

COMO O FIXEMOS
Realzouse un concurso non competitivo para seleccionar as palabras gañadoras.
Nos centros educativos colocáronse unhas urnas nas que as persoas participantes depositaron as papeletas coa palabra que cada quen elixiu.
Demos unha marxe tempo considerable, para que unha vez realizada a selección se poideran elixir as palabras que enfeitaron as nosas rúas.

As palabras dan conta do ADN das nosas culturas. Poden expresar amor, proximidade, agarimo, violencia, poder…