XAMARAINA NO ROSAL

O grupo de baile Xamaraina formado por nenos e nenas dos municipios do Rosal e a Guarda, actuou este domingo no Auditorio Municipal do Rosal enchendo o aforo do local.O espectáculo estivo formado por diferentes actuacións de temáticas moi variadas como as referentes a Frida Kalho, Dalí, o musical Sister Act, Pantera Rosa ou “Cuéntame un cuento”, coreografía realizada para a canción de Celtas Cortos, entre outras.
Un ano máis o espectáculo encandilou a pequenos e maiores.
Ó remate do acto, a concelleira de Muller Mª Carmen Alonso Alonso, fixo entrega dunha rosa a cada neno e nena participante, e un caravel a cada muller asistente
Esta é unha cita ineludible no calendario de actos do Concello do Rosal. Cada ano o alumnado de Xamaraina ten un compromiso con toda a población rosaleira que queira achegarse a desfrutar do seu arte.